Regresar a todos los eventos

FILLAS DE CASSANDRA - "ÚLTIMAS DIONISÍACAS"

  • Auditorio Mar de Vigo (Hall) 59 Avenida da Beiramar Vigo, 36202 España (mapa)
Fillas de Cassandra en Vigo.

FILLAS DE CASSANDRA - "ÚLTIMAS DIONISÍACAS"

Concierto de las gallegas Fillas de Cassandra, con su música fusión Tradicional/Pop/Techno, presentando el último directo “Últimas Dionisíacas”, en el Auditorio Mar de Vigo.

🔗 Información del concierto

Instagrams: @fillasdecassandra.mp3 @soa_maria_ @sarafaro__ @auditoriomardevigo

Precio: 18,00 € teuticket.com (AGOTADAS)

🕖: 22:00 h

📍Av. Beiramar, 59. (Hall Auditorio Mar de Vigo).

↓ Más información abajo ↓

 
Fillas de Cassandra en Vigo.

FILLAS DE CASSANDRA - “ÚLTIMAS DIONISÍACAS”

(GAL) Logo de derrubar a Acrópole e subir aos altares das grandes salas de concertos e festivais do país coas súas letras directas e a forte conexión co público, Fillas de Cassandra bota unha última ollada á polis. Este 2024 o dúo regresa cun novo directo, Últimas Dionisíacas, unha proposta na que demostrará que a mestura entre o tradicional, o pop e o techno ten un efecto catártico.

Fillas de Cassandra, o dúo conformado por María SOA e Sara Faro, subirase de novo aos escenarios o vindeiro mes de febreiro cunha nova proposta escénica e musical, na que fará unha nova lectura dos temas máis recoñecidos do seu primero LP, Acrópole, desde unha electrónica máis escura e potente; ademais de recuperar algúns dos sinxelos publicados nos últimos meses e avanzar outros inéditos para o público.

“Últimas Dionisíacas é un espectáculo que aposta polo inédito, que existe só no aquí e agora do directo, sen chegar a reproducirse nunca. Cantos efímeros, revisitacións da Acrópole e parte do que ha de ser o noso próximo traballo discográfico convive nunha única escena atravesada pola luz, a escenografía e moito do in-desvelable”, explica o dúo.

Así, neste novo directo, concibido por Sara Faro e María SOA como un “festexo colectivo e catártico, que só pode acontecer na convivencia entre o público e o palco”, a luz e a escenografía terán un papel moi relevante. Ademais, entre as novidades da proposta, o dúo estará acompañado doutras dúas músicas (Tania Caamaño e Marina Vidal), apostando así pola organicidade do piano, o bombo legüero, as pandeiretas, os pandeiros, violín ou as harmonías vocais en rigoroso directo, mais sen esquecer as bases electrónicas producidas por María SOA e Berto.

Anterior
Anterior
16 de febrero

XULIO MERINO - "SINSENTIDO CONSENTIDO"

Siguiente
Siguiente
17 de febrero

BARBIE BOOM - EL MUSICAL EN ROSA CHICLE