Regresar a todos los eventos

FESTIVAL SINSAL - Escenario Océano x FEST Galicia

  • Monasterio de Santa María de Oia. 5 Rúa do Párroco Don Claudio Rodal Fandiño Oia, GA, 36794 España (mapa)
Festival Sinsal Son Estrella Galicia.

FESTIVAL SINSAL SON Estrella Galicia - Escenario Océano x FEST Galicia

Último concierto del Festival Sin Sal Son Estrella Galicia de la edición 2023, en esta ocasión con un nuevo escenario, el Monasterio de Oia. Será una actuación de música instrumental a cargo del grupo As Donas.

Además del concierto, también se realiza una visita guiada al monasterio y una experiencia inmersiva 360º al mundo submarino de la ría de Vigo.

🔗 Información del evento.

Instagrams: @sinsalaudio

Precio: 12 € (adultos) 6 € (menores) Todo los precios en enterticket.es (AGOTADAS)

🕖: 19:00 h (Martes 29)

📍Monasterio de Santa María de Oia.

 

Unha xornada dedicada ao océano será o ramo do Sinsal SON Estrella Galicia 2023, que se traslada dunha illa declarada BIC a un espazo que tamén o é: o Mosteiro de Oia. O martes 29 de agosto, o recinto acollerá a presentación do novo Escenario Océano x FEST Galicia, espazo no que resoarán os ecos do vivido hai un mes na illa de San Simón.

Esta xornada de peche da edición de 2023, a modo de epílogo, incluirá un concerto de música clásica da man do ensemble As Donas e a posibilidade de participar en actividades paralelas de descubrimento e interacción co patrimonio histórico, cultural e natural, como son unha visita guiada ao propio mosteiro ou mesmo unha experiencia inmersiva 360º ao mundo submarino da ría de Vigo grazas á realidade virtual. As entradas para a xornada xa se poden adquirir, por 12 euros, na plataforma en liña www.enterticket.es

Se no 2022 Sinsal pechou a súa edición no porto vigués, este ano Sinsalaudio quere dar un paso máis e presentar un novo espazo, o Escenario Océano x FEST Galicia, co que se tende pontes entre unha e outra edición do festival. O desenvolvemento da actividade do Sinsal SON Estrella Galicia nun edificio como é o Mosteiro de Oia -cuxa actividade cultural é promovida pola Fundación Bretal- non é baladí: os dous emprazamentos, tanto a illa de San Simón coma o Mosteiro de Oia, comparten momentos históricos e están relacionados co centro ao que se dirixe o foco da actividade: o mar.

Programación Escenario Océano x FEST Galicia

O peche do Sinsal SON Estrella Galicia 2023 comezará o martes 29 ás 19.00 horas. A primeira parte da xornada será unha actividade divulgativa que o público poderá escoller á hora de mercar a entrada. Por unha banda, poderase realizar unha visita guiada ao propio Mosteiro de Oia, duns 45 minutos, nos que se farán tres paradas (Praza de armas, Claustro e Patio das Laranxeiras) e contará cun número limitado de prazas (75).

Pola outra, o público poderá participar nunha experiencia inmersiva 360º, unha introdución ao mundo submarino da ría de Vigo dun xeito novidoso, accesible e minimamente intrusivo, grazas ás novas tecnoloxías. Esta segunda actividade desenvolverase en dous momentos. Dunha parte, estará a posibilidade de visualizar unha peza audiovisual que se proxectará dos fondos mariños da ría, na que se recollerá a súa riqueza e características. Da outra, haberá á disposicion do público lentes de realidade virtual Oculus Quest 2 para que se poidan somerxer en augas da ría viguesa a través de imaxes 360º -filmadas polo equipo da cooperativa dedicada á divulgación e conservación do medio mariño 13 GRADOS-. Serán experiencias individuais, de tres en tres persoas, que estarán acompañadas coa interpretación das imaxes que se están a ver. A realización desta experiencia será por orde de chegada e outorgarase un número ou quenda para participar da iniciativa.

O broche dourado será o Concerto Das Donas: A pegada feminina na historia da música, actuación que ofrecerá a agrupación conformada por Pilar Moráguez (soprano), Marta López (cravo), Elena Vázquez (violín barroco) e María José Pámpano (violín barroco e dirección artística). O ensemble presentará, a partir das 20:00 horas, un repertorio de música instrumental formado, de forma exclusiva, pola obra de destacadas compositoras do Renacemento e do Barroco. Así, na cita o público poderá descubrir obras de autoras como Francesca Caccini, Isabella Leonarda, Bárbara Stroozi ou Élisabeth Jacquet de La Guerre. Con este Concerto das Donas, Sinsal SON Estrella Galicia pecha a edición de 2023 poñendo en valor non só un rico patrimonio artístico, senón o papel das pioneiras na profesionalización da muller no eido da música.

As persoas interesadas en asistir ao epílogo do Sinsal SON Estrella Galicia 2023 poden adquirir os seus billetes para o Escenario Océano x Fest Galicia desde hoxe mesmo a través do espazo web www.enterticket.es, no que poderán seleccionar o tipo de actividade paralela que quererán facer. As entradas para menores de 16 anos serán a 6 euros e, polas características da iniciativa, o equipo de Sinsalaudio recomenda asistencia para nenas e nenos maiores de 11 anos.

Anterior
Anterior
26 de agosto

DUKI + SAIKO

Siguiente
Siguiente
30 de agosto

BERET - GIRA 2023