Agenda
¿Qué planes hay en Vigo?
Conciertos, espectáculos, monólogos, exposiciones, danzas, festivales, ferias, mercadillos, fiestas y todo tipo de eventos/planes que se realizan en Vigo. No olvides revisarlos, a través de las páginas de los organizadores por posibles modificaciones.
FESTIVAL SINSAL SON Estrella Galicia 2024
FESTIVAL SINSAL SON Estrella Galicia 2024
Vuelve el Festival Sinsal Son Estrella Galicia, celebrando otra edición en la Illa de San Simón, durante tres días, con una programación secreta y que contarán con más de 20 bandas y artistas de diferentes estilos musicales.
El público descubrirá el cartel en el propio día que desembarcan en la isla.
El Festival Sinsal, de la promotora Sinsalaudio, es un evento cultural con música contemporánea para mostrar a nuevos artistas de la escena gallega, estatal e internacional de los cinco continentes.
Instagrams: @sinsalaudio
Precios:
Viernes 10/05: Abonos de los 3 días a partir de 155 € (desde Vigo) y 145 € (desde Meirande).
Lunes 13/05: Entre 45 € a 65 € entradas por día.
Entradas en: festival.sins.al (Se incrementarán 5 € el precio a partir del 5 de julio).
🕖: Todo el día (26 al 28 de Julio) consultar horarios de embarque aquí
📍Illa de San Simón (Salidas desde los puertos de Vigo o Meirande).
↓ Información completa abajo ↓
FESTIVAL SINSAL SON ESTRELLA GALICIA 2024
(GAL) O Festival Sinsal SON Estrella Galicia celebrará a súa nova edición na illa de San Simón os días 26, 27 e 28 de xullo. O evento cultural do cartel secreto, que o público só descubre ao desembarcar, volverá ofrecer unha programación caracterizada pola diversidade de estilos musicais e orixes das bandas e solistas que convivirán no corazón da Ría de Vigo a última fin de semana de xullo.
Sinsal SON Estrella Galicia é un dos encontros sonoros máis coidados e singulares do panorama musical estatal. Cada ano ofrece a un público reducido -800 persoas por día- a posibilidade de gozar dunha pequena mostra da creación contemporánea máis estimulante do momento nun escenario excepcional: o arquipélago conformado polas illas de San Simón e Santo Antón, un espazo declarado Ben de Interese Cultural. Tanto os abonos como as entradas de día esgótanse sempre ás poucas xornadas de saír á venda.
Desde os seus inicios, Sinsal presentouse como unha iniciativa cultural para visualizar as artistas próximas á creación contemporánea da escena galega e estatal, mais tamén con espazo para creadoras e creadores do ámbito internacional. A súa programación musical acompáñase, ademais, de numerosas actividades paralelas divulgativas, á fin de dar a coñecer a historia e o patrimonio cultural e natural de San Simón; ademais de propostas vinculadas á sostibilidade ambiental e concienciación, ou da recuperación dos arquivos sonoros, que se traducen en iniciativas recollidas na nomeada Escola Sinsal.
Neste 2024, a programación de Sinsal SON Estrella Galicia desenvolverase en cinco escenarios distribuídos noutros tantos puntos do arquipélago. Máis de 20 bandas e solistas de distintos estilos musicais e orixes -tanto de Galicia coma doutras rexións de Europa, África, Asia ou América- actuarán nos palcos do festival pioneiro do cartel secreto, e que en cada edición segue a sorprender ás e aos asistentes a San Simón.
Novos recoñecementos:
O Festival Sinsal SON Estrella Galicia segue a sumar recoñecementos. Se o ano pasado nos Iberian Festival Awards (os premios da industria dos festivais de música de España e Portugal) acadou o galardón ‘Best Contribution to Equality’, que o sitúa como o evento máis relevante en España pola súa Contribución á igualdade; esta mesma semana recibiu a notificación de que é finalista noutras tres categorías: Mellor festival de pequeno formato, Mellor escenario e Mellor estratexia de comunicación e marketing.
Ademais, o pasado mes de xaneiro, o Observatorio de la Cultura da Fundación Contemporánea sinalou o Festival Sinsal, no seu informe ‘Lo mejor de la cultura 2023’, como a segunda iniciativa cultural mellor valorada polos profesionais do sector en Galicia; situándose como a proposta musical máis destacada do país por segundo ano consecutivo. A nivel nacional, na clasificación das iniciativas culturais mellor valoradas polo seu compromiso social e desenvolvemento sostible, sube do 15o ao 9o posto da lista, unha mención que referenda o compromiso que o Festival Sinsal mantén cos ODS e o impacto positivo, e que reforza en cada nova edición. Precisamente, o pasado outubro, o evento recolleu o Premio Fest 2023 (outorgado pola industria de festivais en España) pola Sostibilidade ambiental.
ESCENARIO OCÉANO - OMBLIGO
ESCENARIO OCÉANO - OMBLIGO
Sinsal SON Estrella Galicia, realiza una jornada divulgativa para visualizar la relación entre la diversidad cultural y el patrimonio industrial vigués, a través de una visita guiada y concierto del dúo madrileño Ombligo, en la terminal de Kaleido Logistics, puerto de Vigo.
Instagrams: @sinsalaudio @ombligo_musica
Precios: 15,00 € enterticket.es
🕖: 20:30 h
📍Terminal Kaleido Logistics, Puerto de Vigo.
↓ Información completa abajo ↓
ESCENARIO OCÉANO - OMBLIGO
(Gal) Unha nova xornada dedicada aos océanos como as grandes vías de divulgación e riqueza cultural será o punto de partida da nova edición do festival Sinsal SON Estrella Galicia. O xoves 25 de xullo, o porto de Vigo será o espazo que acolla o Escenario Océano, a iniciativa posta en marcha no 2023 da man de Sinsalaudio e Kaleido Logistics, alianza que se mantén viva coa intención de favorecer e visualizar a relación entre a diversidade cultural e o patrimonio industrial vigués. A xornada acollerá unha visita guiada polos terreos portuarios, que se abren deste xeito á cidadanía; un coloquio e, como peche, o concerto do grupo musical de fusión Ombligo, liderado polos madrileños Anika e Ángel Cáceres.
O festival Sinsal SON Estrella Galicia, coñecido pola diversidade de procedencias e de estilos musicais das bandas e solistas que participan no evento, e Kaleido Logistics aúnan esforzos, por segundo ano consecutivo, para ofrecer unha xornada que poña en valor os océanos, alén da súa relevancia na superficie do planeta, como as grandes vías de divulgación e riqueza cultural. Por estas grandes masas de auga, que serviron -e seguen a servir- para o intercambio de recursos, hoxe en día navegan grandes bloques de granito e outras mercancías que, de camiño a distintos lugares do mundo, fan escala en Vigo. Polo seu volume e forma poden parecer semellantes, mais no Escenario Océano o público descubrirá que, pola súa composición, textura e cor, cada bloque pode ser diferente.
O Escenario Océano naceu no Sinsal 2023 como epílogo do mesmo e coa intención de tender pontes entre unha e outra edición, coa ollada posta na relevancia e celebración dos océanos. Desde xeito, se o ano pasado o Mosteiro de Oia foi o escenario no que se sucederon as actividades divulgativas e musicais que clausuraron o festival, este ano a acción trasládase á xornada de apertura e, como escenario, terá un dos piares do patrimonio industrial de Vigo: o seu porto. Este encontro e traballo conxunto entre Sinsalaudio e Kaleido Logistics mantén activa a rede de alianzas que Sinsal estableceu estes anos con entidades e institucións de proximidade na Ría de Vigo.
Programa do Escenario Océano
A xornada do 25 de xullo comezará ás 20.30 horas cunha visita guiada ao porto vigués, espazo estratéxico de gran valor económico e social para a cidade. Concretamente, as e os asistentes visitarán as instalacións de Kaleido Logistics situadas nos terreos portuarios, zona na que cada día acontece unha parte moi relevante da actividade industrial da cidade e que, en ocasións, resulta descoñecida para a súa veciñanza.
O público, dividido en catro grupos, realizará un percorrido guiado a través dos materiais e grandes bloques de granito presentes nesa zona portuaria. Durante a visita, cuxo acceso e saída será a través do ‘Tinglado’ do porto, as e os asistentes achegaranse á xeoloxía deses monolitos xigantes, ao proceso loxístico que transcorre ata que chegan ao chan vigués e outros detalles da actividade industrial local. A actividade finalizará cunha pequena conversa e cunha intervención musical singular no peche, a partir das 21.45 horas, que chegará da man do dúo madrileño Ombligo, caracterizado pola fusión estilística; e no que, polos seus temas, flúe o folclore balcánico, o bolero ou mesmo o jazz contemporáneo.
FESTIVAL SINSAL - Escenario Océano x FEST Galicia
FESTIVAL SINSAL SON Estrella Galicia - Escenario Océano x FEST Galicia
Último concierto del Festival Sin Sal Son Estrella Galicia de la edición 2023, en esta ocasión con un nuevo escenario, el Monasterio de Oia. Será una actuación de música instrumental a cargo del grupo As Donas.
Además del concierto, también se realiza una visita guiada al monasterio y una experiencia inmersiva 360º al mundo submarino de la ría de Vigo.
Instagrams: @sinsalaudio
Precio: 12 € (adultos) 6 € (menores) Todo los precios en enterticket.es (AGOTADAS)
🕖: 19:00 h (Martes 29)
📍Monasterio de Santa María de Oia.
Unha xornada dedicada ao océano será o ramo do Sinsal SON Estrella Galicia 2023, que se traslada dunha illa declarada BIC a un espazo que tamén o é: o Mosteiro de Oia. O martes 29 de agosto, o recinto acollerá a presentación do novo Escenario Océano x FEST Galicia, espazo no que resoarán os ecos do vivido hai un mes na illa de San Simón.
Esta xornada de peche da edición de 2023, a modo de epílogo, incluirá un concerto de música clásica da man do ensemble As Donas e a posibilidade de participar en actividades paralelas de descubrimento e interacción co patrimonio histórico, cultural e natural, como son unha visita guiada ao propio mosteiro ou mesmo unha experiencia inmersiva 360º ao mundo submarino da ría de Vigo grazas á realidade virtual. As entradas para a xornada xa se poden adquirir, por 12 euros, na plataforma en liña www.enterticket.es
Se no 2022 Sinsal pechou a súa edición no porto vigués, este ano Sinsalaudio quere dar un paso máis e presentar un novo espazo, o Escenario Océano x FEST Galicia, co que se tende pontes entre unha e outra edición do festival. O desenvolvemento da actividade do Sinsal SON Estrella Galicia nun edificio como é o Mosteiro de Oia -cuxa actividade cultural é promovida pola Fundación Bretal- non é baladí: os dous emprazamentos, tanto a illa de San Simón coma o Mosteiro de Oia, comparten momentos históricos e están relacionados co centro ao que se dirixe o foco da actividade: o mar.
Programación Escenario Océano x FEST Galicia
O peche do Sinsal SON Estrella Galicia 2023 comezará o martes 29 ás 19.00 horas. A primeira parte da xornada será unha actividade divulgativa que o público poderá escoller á hora de mercar a entrada. Por unha banda, poderase realizar unha visita guiada ao propio Mosteiro de Oia, duns 45 minutos, nos que se farán tres paradas (Praza de armas, Claustro e Patio das Laranxeiras) e contará cun número limitado de prazas (75).
Pola outra, o público poderá participar nunha experiencia inmersiva 360º, unha introdución ao mundo submarino da ría de Vigo dun xeito novidoso, accesible e minimamente intrusivo, grazas ás novas tecnoloxías. Esta segunda actividade desenvolverase en dous momentos. Dunha parte, estará a posibilidade de visualizar unha peza audiovisual que se proxectará dos fondos mariños da ría, na que se recollerá a súa riqueza e características. Da outra, haberá á disposicion do público lentes de realidade virtual Oculus Quest 2 para que se poidan somerxer en augas da ría viguesa a través de imaxes 360º -filmadas polo equipo da cooperativa dedicada á divulgación e conservación do medio mariño 13 GRADOS-. Serán experiencias individuais, de tres en tres persoas, que estarán acompañadas coa interpretación das imaxes que se están a ver. A realización desta experiencia será por orde de chegada e outorgarase un número ou quenda para participar da iniciativa.
O broche dourado será o Concerto Das Donas: A pegada feminina na historia da música, actuación que ofrecerá a agrupación conformada por Pilar Moráguez (soprano), Marta López (cravo), Elena Vázquez (violín barroco) e María José Pámpano (violín barroco e dirección artística). O ensemble presentará, a partir das 20:00 horas, un repertorio de música instrumental formado, de forma exclusiva, pola obra de destacadas compositoras do Renacemento e do Barroco. Así, na cita o público poderá descubrir obras de autoras como Francesca Caccini, Isabella Leonarda, Bárbara Stroozi ou Élisabeth Jacquet de La Guerre. Con este Concerto das Donas, Sinsal SON Estrella Galicia pecha a edición de 2023 poñendo en valor non só un rico patrimonio artístico, senón o papel das pioneiras na profesionalización da muller no eido da música.
As persoas interesadas en asistir ao epílogo do Sinsal SON Estrella Galicia 2023 poden adquirir os seus billetes para o Escenario Océano x Fest Galicia desde hoxe mesmo a través do espazo web www.enterticket.es, no que poderán seleccionar o tipo de actividade paralela que quererán facer. As entradas para menores de 16 anos serán a 6 euros e, polas características da iniciativa, o equipo de Sinsalaudio recomenda asistencia para nenas e nenos maiores de 11 anos.
FESTIVAL SIN SAL SON Estrella Galicia 2023
FESTIVAL SIN SAL SON Estrella Galicia 2023
Vuelve el Festival Sin Sal Son Estrella Galicia, celebrando otra edición en la Illa de San Simón, durante tres días, con una programación secreta y que contarán con más de 20 bandas y artistas.
El público descubrirá los artistas que acuden, en el propio día que desembarcan en la isla.
El Festival Sinsal, de la promotora Sinsalaudio, es un evento cultural con música contemporánea para mostrar a nuevos artistas de la escena gallega, estatal e internacional de los cinco continentes.
Instagrams: @sinsalaudio
Precio: Entre 50 y 65€ (Adultos) Todo los precios y abonos en enterticket.es
🕖: Todo el día (21 al 23 de Julio).
📍Illa de San Simón (Salidas desde los puertos de Vigo o Meirande).
El festival gallego Sinsal SON Estrella Galicia celebrará una nueva edición en la Isla de San Simón, en el corazón de las Rías Baixas, los días 21, 22 y 23 de julio. Serán tres jornadas de directos con propuestas musicales contemporáneas y diversas en cuanto al estilo y al origen de las más de veinte bandas y artistas que conformarán su cartel secreto: el público compra con antelación sus entradas y abonos sin saber quién actuará cada día, un misterio que se resuelve al desembarcar en la isla pontevedresa.
Sinsal SON Estrella Galicia es uno de los encuentros sonoros más cuidados y singulares de lpanorama musical español. Cada año ofrece a un público reducido, 800 personas por jornada, la posibilidad de gozar de una pequeña muestra de la creación contemporánea más estimulante del momento. Impulsado por la promotora viguesa Sinsalaudio, el evento se propuso, desde su nacimiento, visibilizar a creadoras y creadores con propuestas innovadoras de la escena gallega y estatal, pero también a artistas del ámbito internacional. En el transcurso de su historia, grupos llegados de los cinco continentes han presentado en San Simón sus propuestas musicales para, años más tarde, ser parte del cartel de grandes festivales o de salas conciertos de todo el mundo.
Fiel a su compromiso con la creación contemporánea, Sinsal SON Estrella Galicia volverá a acoger el próximo mes de julio, en la isla de San Simón, el estreno gallego y estatal de numerosas agrupaciones y solistas de África, América, Asia y Europa. Artistas que, además, tal y como es habitual en el festival, convivirán con el público asistente durante su estancia en las Rías Baixas.
La edición de 2023 de Sinsal SON Estrella Galicia se celebrará en horario diurno. El público, de todas las edades, llegará en barco hasta la isla desde los muelles situados en Vigo y Rande (Redondela). Al desembarcar, conocerán el programa diario del festival y comenzarán a disfrutar de las actuaciones, que este año tendrán lugar en tres escenarios diferentes. La programación será, como es habitual en los eventos de Sinsalaudio, una propuesta abierta a todos los estilos y experiencias, desde los sonidos populares hasta la música experimental, pasando por otro tipo de iniciativas sonoras. El público, además, podrá conocer el patrimonio oculto de la isla a través de las diferentes actividades divulgativas que se desarrollarán a lo largo de cada jornada. Así, cada día, y hasta que se suban al barco de regreso -en el que podrán observar una espectacular puesta de sol sobre las Islas Cíes-, las y los asistentes experimentarán un encuentro singular único en el panorama musical estatal, en el que música, cultura, diversidad, igualdad y sostenibilidad conviven con el patrimonio natural de un espacio declarado Bien de Interés Cultural.